«O PP controlou o gasto e agora promoverá o crecemento económico»

0
478

 Aurelio Núñez cree que unha nova maioría do PP será moi positiva para toda a zona.

 

O carballés Aurelio Núñez Centeno debuta como candidato ao Parlamento de Galicia. Sustitúe nas filas do Partido Popular ao seu veciño Alberto Sueiro, ao que agradece o seu apoio e todo o traballo desenvolvido durante as últimas lexislaturas.

 

Este martes participou no programa “Na Encrucillada” e no que pediu o voto para o Partido Popular. Apelou ao “sentidiño dos galegos” para que un Presidente “serio” despois de traballar “para controlar o déficit e pagar o que se debía” poida abrir unha nova etapa “de crecemento económico e de creación de emprego”.

 

Núñez Centeno pensa que a alternativa é un auténtico caos e “Teríanse que poñer dacordo as dúas partes do PSOE que está dividido, e os tres partidos nos que se dividiu o Bloque e ao mellor incluso tamén un exbanqueiro con problemas coa xustiza”.

 

O candidato popular defendiu os investimentos feitos na bisbarra “xa por fin se poido iniciar a autovía que o bipartito inaugurou tres veces pero non construiu nin un centímetro de estrada” e destacou que o Porto Exterior e o Peirao de Brens conectados cos polígonos industriais poden conformar un eixo industrial forte do que se beneficie toda a bisbarra.

 

@anosacosta 

 

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí