Bascuas:“Hai que facer algo máis que parar ao PP”

0
466

 Xoán Bascuas defende a proposta de Compromiso por Galicia.

 

“Hai que parar ao PP pero tamén hai que formular propostas en positivo” sinalou hoxe o líder de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas no ciclo de entrevistas políticas do programa “Na Encrucillada” de Radio Obradoiro para Xallas e a Costa da Morte.

 

Para Bascuas as demáis forzas políticas da oposición adícanse a “lanzar proclamas” pero é CxG a formación que propón “un discurso constructivo para avanzar no autogoberno, no estado do benestar e na rexeneración ética, con novos referente políticos”.

 

O aspirante a Xunta por esta nova coalición asegura que “O escenario político galego foi sempre de sota, cabalo e rei é chegou o momento de sacar os ases, e o as de ouros é Compromiso por Galicia”.

 

Xoán Bascuas, que estivo en Cee e en Carballo, cree que na Costa da Morte “hai preocupación ante os problemas que existen” aínda que a xente é receptiva as propostas de Compromiso. A pesares dos enquéritos adversos, Bascuas está esperanzado de obter uns bos resultados “porque o alto número de indecisos indica que a cidadanía está esperando algo novo”.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí