“O BNG é a alternativa ao Partido Popular”

0
368
Belén Lendoiro quere aglutinar o voto nacionalista de esquerda.

 
“O BNG é a alternativa as políticas do Partido Popular, temos que aglutinar ese voto no BNG que leva trinta anos defendendo os intereses dos galegos” sinalou a candidata Belén Lendoiro nunha das últimas entrevistas do ciclo promovido polo programa “Na Encrucillada”.
 
Para Lendoiro estes anos de goberno do PP conformaron “A lexislatura do fracaso absoluto, co peor presidente da historia, e con menos autogoberno, menos benestar e menos democracia”.
 
No programa que presenta Xosé Manuel Lema no 107.5FM, Belén Lendoiro reivindicou o papel do Bloque “como forza nacionalista de esquerda” e pediu a movilización do voto de cara ao vindeiro domingo xa que “O PP quere dispersar o voto da esquerda e a abstención, porque o votante fiel do PP seguirá votando”.
 
 
 
TWITTER @anosacosta @aencrucillada @xmlema 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí