«Que se xunten PP e máis PSOE e gobernen Carnota»

0
463

 Ramón Noceda defende a «responsabilidade» do goberno de Carnota.

 

 

«Volvería a tomar as mesmas decisións» 

 

Noceda insiste:»A miña responsabilidade é que o concello de Carnota saia adiante. Houbo que tomar unhas medidas para poder pagar os servizos entre eles reducir o capítulo de persoal».

 

O alcalde de Carnota volveu a falar «Na Encrucillada» de Radio Xallas- Radio Obradoiro e explicou o seu punto de vista sobre os despedimentos:»Tomamos a decisión de despedir a traballadores sempre e beneficio dos veciños de Carnota».Ante a pregunta de se estaba preocupado polas recentes sentenzas adversas:»Son sentenzas normais.Depende o que sala. Eu estou preocupado por todo o que atañe ao concello».

 

Porque o rexedor ten claro que nas mesmas circunstancias adoitaría a mesmas decisións:»Volvería a tomar as mesma decisión, senón quedara máis remedio».

 

Desde o seu punto de vista foi preciso este cambio de rumbo na xestión municipal porque «Antes non se pagaban as facturas, agora estamos no bo camiño» e así o acreditan os informes economicos e a diminución da débeda, segundo o mandatario.

 

«A oposición só lle interesa o barullo»

 

Cando lle plantexan as críticas da oposición, Ramón Noceda invita a PP e PSOE  a promover unha moción de censura e gobernar:»Que fagan unha moción de censura.Que se xunten PP e máis PSOE e gobernen Carnota».

 

Aínda que detecta puntos concordantes entre os dous partidos no concello, entende que non se fixo así porque «é mais facil criticar e pedir dimisións que poñerse a traballar con responsabilidade». Para Ramón Noceda «a oposición só lle interesa o barullo pero as crifras están aquí».

 

Duros reproches contra Suso Campos(PSOE)

 

O alcalde de Carnota tamén se referiu ao voceiro socialista, «que fala por falar e non mira os datos». A Campos espetoulle a seguinte alusión directa:

 

«Non aceptamos as condicións coas que Suso Campos queria vir a gobernar.Non aceptamos a que viñera a cobrar o que lle parecera a el, contratar a dedo como quería él é e manexar as contratacións».

 

Sobre a polémica contratación dunha asesora por parte do anterior goberno de Pepe Oreiro(PP), Noceda comentou que cando percibiu que «non estaba dentro da legalidade» e «non había expediente de contratación» puxeron a situación en coñecemento da xustiza.

 

ESCOITA a entrevista con Ramón Noceda 

 

 http://www.ivoox.com/na-encrucillada-7-de-maio-audios-mp3_rf_3092842_1.html 

 

A entrevista pode escoitarse desde o minuto 48 do audio 

 
 
 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí