TEGA manifesta o seu apoio incondicional á edil Laura Tasende ante a denuncia presentada por intento de suborno.

Laura Tasende

 

 

Este é o comunicado difundido pola dirección de Tega.

 

A dirección de Terra Galega expresa publicamente o seu apoio incondicional á concelleira de Coristanco Laura Tasende, ante os feitos acaecidos na última semana na localidade. A edil de TEGA denunciou no xulgado un intento de suborno para desbancar ao partido do goberno local do municipio, á fronte do que está Amancio Lavandeira (TEGA).

Tasende, número dous da formación na localidade, denunciou a un empregado municipal que dixo falar en nome dun partido político e ofreceulle unha serie de propostas –económicas e laborais- para que a edil colaborase nunha presunta moción de censura. O obxectivo da mesma sería desbancar a Lavandeira da Alcaldía.

En Terra Galega prestaremos a Laura Tasende o apoio que resulte preciso, tal e como se lle fixo saber unha vez que desde a dirección do partido tivemos coñecemento da gravidade destes feitos, que derivaron, como non podía ser doutro xeito, na presentación da oportuna denuncia”, aseguran desde o partido.

 

Por último, Terra Galega recalcou que esta formación non se pronunciará novamente sobre o asunto ata que se resolva a denuncia presentada fai uns meses no xulgado debido a estes feitos.