A Lei de Cambio Climático aprobouse no Congreso e a Xunta de Galicia anuncia un recurso porque entende que é “anticonstitucional” e que prexudicará ao sector mar-industria.No programa radiofónico “Na Encrucillada” de Radio Xallas recollerónse este venres dúas opinións diferentes.


Onde están os alcaldes da Costa da Morte?

O Partido Popular considera que é “unha malísima noticia” cunha lei que “crea unha incertidume moi importante no sector” e supón un “ataque clarísimo” ao mesmo, facendo referencia as piscifactorías e as depuradoras de marisco.


Sandra Vilela preguntouse onde están os alcaldes da Costa da Morte:“Seguimos esperando a reacción dos alcaldes da Costa da Morte. Non entendemos a pasividade dos alcaldes que son tan activos para outras cousas e o que fan agora calados. Terían que ser os primeiros en estar nesta loita e dicirlle ao seu presidentre que isto non pode ser”.


“Un ruido que non é real”


Pola súa banda o deputado autonómico socialista Martín Seco considera que se “está xerando un ruido que non é real”.
Seco García sinalou que “o PP non debe estar tanto en contra da lei” cando se abstivo. Sobre o caso concreto do artigo 18 pensa que “estase xenerando unha preocupación por algo que non vai a suceder” e reiterou o “compromiso absoluto” do goberno de Pedro Sánchez co sector mar-industria.