O portavoz do partido independente APIN, José Manuel Pose Verdes, anunciou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas que o seu grupo participaría nunha moción de censura no concello de Ponteceso que será presentada nos vindeiros días.


En palabras de Pose en Radio Xallas “a moción de censura vaise a presentar. Outra cousa é se vai para adiante ou non. Iso xa o dirá secretaría ou os xulgados”.

«Un cacique 3.0»


Segundo o concelleiro independente “é a unica opción que nos queda, presentar esta moción de censura e facer todo o posible para quitar a esta persoa do concello”, que para Pose “un auténtico desastre” e “un cacique 3.0”.José Manuel Pose lamentou que a pesar de ter só tres concelleiros no goberno, o alcalde Carballido non quere dialogar:”Sabe que son tres e vai de chulo pola vida, non consensúa con ninguén”