Novas da Costa da Morte en formato “tuit”. Corcubión, Vimianzo, Camariñas e Malpica

Recurso en Corcubión

O BNG de Corcubión presentou un recurso contra o proceso selectivo de albaneis ante “a evidencia de irregularidades incontestable”. Solicitan a anulación do proceso.


Obras en Vimianzo

Arrancou a construción de novas beirrarrúas en Tufións(DP-1603), en Vimianzo. Novas sendas peonís, arranxo do firme da estrada, alumeado e pluviais. O orzamento é de 385.674 euros, financiados pola Deputación.


Camariñas oferta a escola de Xaviña

O concello de Camariñas acordou ofrecer as instalacións da antiga escola de Xaviña para que funcione como Casa do Maior, unha das fórmula implantadas pola Xunta no medio rural, que os financia desde a Consellería de Política Social.


Concentración en Malpica


Para o vindeiro sábado 17 de abril está convocada unha concentración no porto de Malpica “en protesta polo peche dos portos para pescar, pasear, bañarse ou aparcar”.Será a partir das 17 h. A polémica xurdiu co peche dos portos e a imposibilidade de practicar a pesca recreativa.