A xunta de goberno local do concello de Carballo xa deu luz verde ao expediente de contratación da primeira fase das obras de reforma do Pazo da Cultura. A actuación conta cun orzamento de 428.600 euros.


O financiamento farase con cargo ao remanente de tesourería do 2019. Con cargo a estas partidas tamén se financia a reforma do Mercado municipal. A primeira fase está a piques de terminar e a segunda acaba de ser adxudicada por 88.184 euros.


Obras con cargo ao remanente

Accesibilidade en beirarrúas da zona A Milagrosa e a Avenida Ponte da Pedra: 216.519,94 (adxudicada)
Seguridade no polígono industrial de Bértoa: 181.300 (en proceso de evaluación das ofertas presentadas)
Rede de saneamento e abastecemento de auga aos lugares de Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa: 368.311,59 (adxudicada)
Rede de saneamento e abastecemento de auga en Cambre de Lema e Cambrelle-Razo: 416.971,86 (adxudicada)
Ampliación do cemiterio municipal, 1ª fase: 699.520,70 (en proceso de evaluación das ofertas presentadas)
Reforma do Pazo da Cultura, 1ª fase: 428.600,63 (aprobado o expediente de contratación)
Reforma do centro social do barrio da Milagrosa: 147.317,86 (adxudicada)
Substitución de cuberta e revestimento da fachada do pavillón deportivo “Carballo Calero”: 255.312,90 (adxudicada)
Reforma do mercado, 2ª fase: 101.068,12 (adxudicada)
Reforma parcial dos almacéns municipais da Cristina para almacén-garaxe de Protección Civil: 82.516,43 (en proceso de evaluación das ofertas presentadas)

Segundo o goberno local «só quedan pendentes de licitar, polo tanto, a reurbanización da rúa Ponteveda, cun orzamento de 151.344,30 euros, e a das rúas Ourense e Baños Vellos, por 294.631,77»