O Polo de Emprendemento da Costa da Morte atende a 29 concellos

0
246

O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Costa da Morte presta servizo a emprendedores de 29 concellos das comarcas de Barcala, Barbanza, Bergantiños, Fisterra, Muros, Noia, Terra de Soneira e Xallas.

Está situado en Coristanco (E.F.A. Fonteboa)e é o terceiro ca actividado dos 12 que estarán en funcionamento en 2023. A conselleira de Promoción do Emprego, María Jesús Lorenzana participou o pasado venres no acto de presentación deste Polo.

Lorenzana sinalou que estes polos unha das principais actuacións da estratexia de emprego de Galicia Xempre Contigo, que avoga por avanzar na consecución dun mercado laboral mellor, máis preparado e interconectado, no que o emprendemento no territorio resulta clave polos beneficios que reporta na poboación e nas contornas, dixo a conselleira.

Tamén destacou que e a Xunta está tamén a fortalecer os negocios dos emprendedores xa constituídos. Destacou que a Xunta destinará en 2023 un total de 30 millóns de euros a unha nova liña específica, Impacto Autónomo, “para dar unha axuda de ata 1.200 euros a cada autónomo a maiores dos programas ordinarios que temos na consellería e intentar paliar as subidas de prezos, enerxéticas, de combustibles, de materias primas”.

Tamén lembrou que se atopa co prazo aberto o novo programa Xempre Emprendemento que conta cun orzamento de 2,8 millóns de euros para apoiar os gastos asumidos este 2022 polas iniciativas emprendedoras das persoas traballadoras autónomas, pemes ou cooperativas -nacidas desde o 1 de xaneiro de 2020 e que permanezan en activo- con achegas que van dos 3.000 aos 30.000 euros por beneficiaria.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí