Jornada de limpieza en Razo(Carballo) el próximo 24 de septiembre.

 

Por segundo año consecutivo, la asociación Mar de Fábula realizará el domingo 24 de septiembre «unha xornada de voluntariado ambiental na praia de Razo-Baldaio, dentro dun convenio de colaboración asinado coa empresa Decathlon e coa Fundación Biodiversidad».

 

Desde la entidad apuntan que «Na limpeza participarán empregados e invitados das tendas de Decathlon da Coruña, Ferrol e Oleiros xunto con membros e voluntarios da entidade Mar de Fábula. Esta actividade de voluntariado ambiental consiste nunha limpeza da praia, a realizar na mañán dese día».

 

 

Convocatoria abierta de Mar de Fábula

 

«A limpeza será dirixida por monitores da nosa asociación que marcarán o protocolo a seguir na identificación, recollida e separación dos refugallos plásticos depositados ao longo da liña de marea. Ao mesmo tempo e por parte dos nosos técnicos, se impartirán as debidas explicacións para o coñecemento, respecto e posta en valor da paisaxe, da flora e da fauna deste importante espazo natural» indican desde Mar de Fábula. «A organización desta acción ambiental contará en todo momento co respaldo loxístico do concello de Carballo» dicen los promotores, anunciando que «Esta é unha convocatoria aberta a toda a cidadanía e único requisito para participar é apuntarse na web de Decathlon na pestana de accións medioambientais».

 

 

«A cita comeza ás 10:30 horas no aparcamento da praia de Baldaio, onde haberá un pequeno acto de benvida. Despois da xornada de traballo, ao redor das 15 horas, haberá un picnic de confraternidade entre todos os participantes» explica el grupo. «Na sesión do ano pasado, e grazas ao éxito de participación, retiraronse 300 quilos de plásticos, principalmente fragmentos pequenos» informa la entidad.