Denuncian o roubo de parte do peche do parque canino da Braña

0
234

Un total de 21 pranchas metálicas, que formaban parte do peche do parque canino da Braña, en Carballo, foron sustraídas.

O concello de Carballo denunciou o roubo na Garda Civil. O alcalde Evencio Ferrero comprobou os danos. Encargouse a reparación á brigada municipal de obras. O importe das pranchas roubadas ascende a 1.059 euros.

Varios actos vandálicos en Carballo

Desde o concello lamentan os feitos “que se suman a unha serie de actos vandálicos que se veñen cometendo nas últimas semanas tanto nesta coma noutras instalacións municipais, e apelamos á colaboración da cidadanía para intentar identificar ás persoas autoras dos mesmos”O parque canino conta cunha superficie de 690 metros cadrados e leva dous meses operativo.

Fotos- Concello de Carballo

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí