O PP aspira a manter as alcaldías de Bergantiños e «non renuncia a nada » en Carballo e Ponteceso

0
253

O presidente provincial do Partido Popular puxo en valor a experiencia dos seus alcaldes na comarca de Bergantiños fronte os “problemas” do concello de Ponteceso ou ao “proxecto caduco” do BNG en Carballo.

Nunha xuntanza con representantes na zona e acompañado polo secretario xeral, Evaristo Ben, o presidente defendeu a importancia dos comicios municipais:“Levamos tempo xa coa mente posta nunhas eleccións que deben ser o punto de partida do cambio político que necesita España en moitos aspectos”.

Modelo dos alcaldes do PP

Neste senso, Diego Calvo, apuntou:“Se facemos as cousas ben, se traballamos duro estes meses e se estamos preto da xente propondo e ofrecendo unha alternativa real, non renunciamos a nada en municipios como Carballo e Ponteceso”.

Ademais mostrouse crítico cos gobernos de Carballo e Ponteceso:“Por moito que o señor Ferrero trata de apartarse, o certo é que pertence a un BNG que segue ancorado na política do ‘non’ e da confrontación”. Declarou que o goberno de Carballo está envolvido en consignas independentistas que defende Ana Pontón” e representa un proxecto caduco e “falto de ambición”.

Sobre o executivo de Lois García Carballido indicou que o que destacou do seu mandato foron denuncias internas, enfrontamentos e dimisións

“De xestión, da presentación de plans e da elaboración de proxectos, nada de nada”, dixo o popular, quen volveu subliñar que, fronte a este “despropósito”, o seu partido ofrece a “seguridade, a certeza e a fiabilidade” dos seus alcaldes.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí