Rubén Lorenzo critica a resignación de Evencio Ferrero e a súa falta de acción en proxectos prometidos

0
457

O portavoz popular de Carballo, Rubén Lorenzo, criticou hoxe a resignación do alcalde, Evencio Ferrero, a súa falta de ambición e a súa inacción na posta en marcha de proxectos prometidos, como a reforma e ampliación do Pazo da Cultura, paralizadas a só sete meses da celebración das eleccións municipais.

Coincidindo co vinte aniversario da infraestructura cultural máis importante de Carballo, executada polo último goberno do PP carballés, Lorenzo denuncia que o alcalde segue sen comprometer ningunha das actuacións previstas, como o deixou claro o rexidor na súa contestación á pregunta feita polo portavoz popular no programa de Radio Voz `Cita con Carballo´.

Para Rubén Lorenzo, unha vez máis, Ferreiro da mostras dun proxecto esgotado, incapaz de levar a cabo a ampliación comprometida e poñendo en risco unha inversión de máis dun millón de euros.

Lorenzo recorda que un dos compromisos electorais do BNG de Carballo en 2019 foi precisamente o de dotar ao concello dun novo auditorio con máis capacidade, tanto a nivel de butacas para acoller a máis público como o que respeita a caixa do escenario, pois o Pazo debido ao éxito do FIOT e logo de vinte anos de uso intenso xa empeza a quedar pequeno.

No comienzo do mandato nacionalista, subliña o portavoz popular, o grupo de goberno que lidera Ferrero “vendíanos una renovación total do Pazo da Cultura e da súa contorna, con actuacións urbanísticas en rúas colindantes, que a día de hoxe segue no caixón”.

Lorenzo resalta ademáis que o plan Xeral de 2016 establece a apertura da Rúa Moreiras, que da ó tanatorio San Antonio e que entroncaría, cruzando o río, coa rúa Vicente Risco, a parte traseira da estación de autobuses, “o que sen dúbida axudaría a evacuar moitísimo tráfico nesa zona”. “Son compromisos do plan xeral que seguen sen cumprirse por falta de vontade política”, destaca o portavoz popular, que reitera a petición do PP da “apertura da vía de Negreira como a rúa Perú”.

Para Rubén Lorenzo “Carballo merece máis que un goberno esgotado e un alcalde resignado e sen ambición. A vila ten que volver ser o referente que foi na comarca de Bergantiños”. E remata afirmando que o alcalde tivo tempo suficiente nos seus 20 anos de goberno para adecuar ás necesidades actuais dun dos edificios municipais más importantes da vila e con máis afluencia diaria polas actividades que nel desenvólvense.

Nota de prensa do Partido Popular de Carballo

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí