O PP presentará ó seu candidato a alcaldía de Carballo o 10 de novembro

0
427

Asistirán Paula Prado e Diego Calvo

Todo apunta a que os populares confían no portavoz municipal e deputado autonómico, Rubén Lorenzo, para liderar a lista municipal e a alternativa política o goberno do BNG.

O Partido Popular de Carballo presentará o seu candidato para as municipais nun acto o vindeiro 10 de novembro no Pazo da Cultura. O mesmo comezará as 20h.

Fontes populares confirman a presenza da secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado e o presidente provincial Diego Calvo.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí