OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O Partido Socialista solicita o pase de Gerpe ao grupo dos non adscritos por non querer retirar a moción de censura e asegura que o obxectivo era presionar ao alcalde para que dialogara coa oposición.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

O Partido Socialista cumpriu coa palabra dada ao alcalde de Coristanco, Amancio Lavandeira, e expulsa do seu grupo municipal ao ata de agora portavoz, Abraham Gerpe Muñiz.

 

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, o secretario provincial, Julio Sacristán e o secretario de organización provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, asinaron un documento que foi presentado no concello de Coristanco e no que informan que Abraham Gerpe “xa non representa a este partido ante a corporación municipal dese concello, polo que rogamos que este concelleiro pase a formar parte desta corporación como membro non adscrito”.

O obxectivo da moción era presionar a Amancio Lavandeira

 

Os socialistas deixan claro que rexeitan esta moción de censura e afirman que o alcalde Amancio Lavandeira se puxo en contacto con este partido “para tratar de desbloquear a situación económica, que era precisamente o obxectivo de presentar a moción: someter á presión suficiente ó alcalde de Coristanco para reactivar o diálogo coa corporación e atopar saídas e solucións ós problemas ós que se enfrotan o concello”.

 

Desde o Partido Socialista informan que Abraham Gerpe se negou a retirar a moción, e que despois de varios intentos para que así o fixera, optan por retirarlle a súa confianza.