Inauguración do Polo de Emprendemento da Costa da Morte

0
273

O Centro de Promoción Rural- EFA Fonteboa de Coristanco acolle, este vindeiro venres 7 de outubro, o acto de inauguración do “Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Costa da Morte”, coa presenza da Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

Anuncio da conselleira

En outubro do ano pasado, nun encontro do BNI ACO Dolmen, celebrado en Vimianzo, a conselleira anunciaba que na Costa da Morte asentaríase un dos 12 polos de emprendemento no rural impulsados pola Xunta “para dinamizar o emprego local a través de fórmulas de microemprendemento autónomo e de economía social innovadoras”.

Daquela, Lorenzana explicou que os polos de emprendemento tamén buscan asentar poboación no rural, afrontando o reto que supón o envellecemento.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí