OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A asociación “Mar de Fábula” segue loitando contra a contaminación mariña e tentando unha concienciación social necesaria para non seguir destruíndo o medio natural.Despois de trece meses percorrendo praias da Costa da Morte e da provincia coruñesa o colectivo xuntou 23.397 bastonciños de algodón e centos de aplicadores de tampóns.” Todo un mostrario dunha contaminación biolóxica e plástica que vai dos retretes ao mar e que a dinámica litoral devólvenos na area, a modo de agasallo envelenado» indican desde a entidade que preside o infatigable Xosé Manuel Barros.

 

Son parte dun relatorio de despoxos que chegan ao mar e que se acompañan por plásticos, cueiros, cabichas, etc.. Todo un golpe ao medio ambiente e tamén a fauna que sofre os efectos da falta de concienciación.Como explica Barros “todo un repulsivo despregue de intimidades procedentes dese coto privado e intransferible dende o que se pode agredir impunemente á natureza, co simple ritual de tirar da cadea».

 

Xunto as campañas de recollida, a asociación “Mar de Fábula” desenvolver campañas de sensibilización ante este grave problema.“A solución viría simplemente con facer unha pequena alteración nos nosos hábitos e non botar os produtos de hixiene íntima polo váter se non depositalos nunha papeleira ou recipiente de inorgánicos dentro da nosa casa» indican. Con este pequeno cambio de hábito estaríamos ante “unha toma de postura activa na defensa do medio ambiente por parte do cidadán, unha diminución nos atascos nas redes de saneamento e a eliminación dun perigoso contaminante do mar”.

 

Unha solución tan necesaria coma doada, e pola que homes con Xosé Manuel Barros, o colectivo Mar de Fábula e outros en toda Galicia e en todo o mundo, seguen traballando.

 

 

13256252_1714686205462291_3882900243984849521_n