Desprendemento da cuberta do IES Ramón Caamaño.
O Instituto de Ensinanzas Secundarias Ramón Caamaño de Muxía tivo que ser desaloxado un instituto despois de que se desprendese parte da súa cuberta.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, varias das chapas do tellado soltáronse por mor dos fortes refachos de vento. Ante esta situación, os responsables do instituto decidiron enviar a todo o alumnado para a casa, como medida de seguridade.
O 112 Galicia tivo constancia da situación ás 14:30 horas, a través dos efectivos de Protección Civil de Muxía. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse do acontecido aos Bombeiros de Cee. No operativo participaron varios voluntarios de Protección Civil e axentes da Policía Local.
Foto-Protección Civil de Muxía