Actualización: a persoa localizada sen vida foi J.A.L.H., de 79 anos de idade e veciño de Madrid.

Aparece o corpo sen vida dun home aboiando no mar en Muxía.O corpo sen vida dun home foi atopado esta tarde flotando no mar na praia de Lourido, en Muxía.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dunha persoa particular, que contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia ás sete menos cuarto para dar conta de que atopara o corpo dun varón na auga, nunha zona rochosa.

Axiña, con estes datos, desde Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou un helicóptero de rescate para recuperar o corpo e no que foi trasladado ata o areal.

Ademais, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos axentes da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

FOTO- ARQUIVO

Info-AXEGA 112