«O PP preocúpase pola Costa da Morte»

0
402

Image

Con motivo da súa visita a Camariñas, fixemos unha pequena entrevista o secretario xeral provincial do PP, Diego Calvo.

Máis declaracións de Diego Calvo no artigo "Alcaldías, coherencia y los Cambiachaquetas" de Anosagalicia. Accede pinchando no enlace:   http://www.anosagalicia.es/index.php?option=com_content&task=view&id=171&Itemid=1 

Image

Sobre os asuntos da xuntanza comarcal, a conxelación de impostos, e os proxectos da comarca, falamos con Diego Calvo Pouso, secretario xeral do PP na Coruña e ademáis delegado territorial da Xunta na provincia.

P- ¿Qué se tratou nesta xuntanza?
R- Puxemos o día a situación de cada concello e tamén falamos dos orzamentos do estado que deixan a comarca olvidada, e segue sen poñerse en marcha o Parador de Turismo de Muxía e redúcese o presuposto ata os 400.000 euros. Neste pasado ano non se gastou nin un só euro neste proxecto.

P- Tamén se falou de conxelación de impostos
R- O Sr. Zapatero sube os impostos e a política do PP é reducir impostos para reactivar a economía. Os concellos Carnota e Fisterra, onde goberna o PP, non subirán os impostos e os demáis presentarán mocións neste sentido.

P- En cambio a deputada Marisol Soneira afirma que a Xunta de Galicia castiga a Costa da Morte
R- Marisol Soneira acórdase agora. Non sei onde estivo estes catro anos. Desde que chegamos a Xunta, puxemos claridade. Marisol estivo presente nas cinco primeiras pedras da autovía, que lle adxudicaron  a unha empresa que o día seguinte pedía unha prórroga, e mentras o goberno seguía poñendo primeiras pedras. Foron incapaces de facer unha obra na Costa da Morte. O PP ocúpase dos problemas dos cidadáns da Costa da Morte. Impulsamos a vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, o Plan Move contempla outra vía entre a comarca e Santiago, e por exemplo, vaise a poñer en marcha un Plan de Choque de Portos con actuacións en tódolos portos da Costa da Morte.

P- ¿Que opina sobre a polémica de Touriñan?
R-A xente quere coherencia. E non se pode cambiar segundo veña o aire, se goberne ou se sexa oposición. Iso e de cambiachaquetas. Nós mantemos a nosa postura e creo que é a acertada.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí