Prazas públicas no Xeriátrico de Vimianzo

0
468

Image
As prazas e os prezos da futura Residencia de Vimianzo terán o carácter público que demandaban tódolos grupos da corporación.

A secretaria xeral de Traballo e Benestar, Cristina Ortiz e a encargada da área de Familia, Susana López Abella participaron este pasado mércores nun encontro para abordar a situación do Geriátrico soneirán.  Na mesma reunión estiveron presentes, o alcalde Alejandro Rodríguez Lema, representantes de Caixa Nova, Caixa Galicia e Sogaserso, a portavoz do PP, Carmen Borbujo, o do BNG, Manuel Antelo Pazos, e outros concelleiros da corporación.

Despois de estudiar a documentación existente e os expedientes plenarios, o acordo radica básicamente en que a pesares de que a Sogaserso pasa a mans totalmente privadas (xa o era nunca porcentaxe importante), o Xeriátrico manterá a súa oferta de prazas con carácter público.

O pleno municipal deberá modificar un punto no convenio establecido previamente, o que indica que o servizo poderá estar operativo nun prazo breve de tempo.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí