Ideas para a piscina de Vimianzo

0
506

Image
O concello de Vimianzo ven de abrir o prazo do concurso de ideas para a construcción dunha piscina cuberta.

 

Despois de ser aprobado nunca sesión plenaria, a publicación no Boletín Oficial da Provincia, supón a apertura para a presentación de anteproyectos para o concurso de ideas da futura piscina cuberta climatizada de Vimianzo.
O arquitecto gañador do concurso recibirá 6.000 euros de premio, e os dous seguintes, 3.000 e 1.500 repectivamente. O gañador tamén podería encargarse da elaboración do proxecto final, cun contrato máximo de 60.000 euros.

O xurado estará formado polo alcalde ou a persona na que delegue coma presidente. E serán vocais, un arquitecto designado pola alcaldía, outro nomeado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, e dous profesionais máis, un seleccionado polos concursantes e outro polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Un representante de cada grupo político poderá actuar coma observador. O orzamento total non pode exceder os 1,3, millóns de euros e o estudio de seguridade e saúde ten un tope de 30.000 euros.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí