Achega de 20.000 euros para o programa da asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.

 

A Deputación provincial da Coruña destina 20.000 euros de axuda ao desenvolvemento do programa “O Encaixe no Camiño”, do que se encarga a asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas. Este programa inclúe unha exposición no Faro Vilán, unha ruta deste Camariñas ata Santiago de Compostela e unha celebración do día de Camariñas o 25 de xullo, consistente nunha recreación da lenda sobre a orixe do Encaixe.

 

Estas axudas enmarcanse dentro do programa de subvencións dirixidas a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade e a competitividade, así coma a realización de actividades turísticas durante o ano 2017. En total, a Deputación concedeu 560.000 euros a oito entidades de toda a provincia.