Encarna Liñeiro e María José Gerpe forman parte da executiva do PSdeG.
@xmlema
Os socialistas galegos celebraron o XIII Congreso do seu partido que serviu para ratificar o resultado das primarias e elixir como novo secretario xeral a Gonzalo Caballero.
Unha vez máis confirmouse a importancia da Agrupación Socialista de Camariñas, que contará con dúas representantes na nova executiva nacional.
Encarna Liñeiro e María José Gerpe
A secretaria xeral do Partido Socialista de Camariñas, Encarna Liñeiro Pouso, ocupa unha das secretarías executivas mentres que a concelleira camariñán María José Gerpe Martínez é a nova secretaria executiva da área de pesca.
A agrupación local de Camariñas das máis importantes da provincia e de maior número de afiliados. O PSOE ostenta a alcaldía de Camariñas ininterrompidamente desde 1983.
Fotos- Mais Camariñas e Víctor Hugo- Facebook