Evacuado en helicóptero un veciño de Camariñas que sufriu un accidente

0
234

Segundo informou  AXEGA 112 Foi o único ferido neste accidente que, ademais, tivo que ser evacuado no helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Faltaban apenas uns minutos para a unha da tarde cando a alerta por un accidente de tráfico na AC-452, ao paso por Xaviña, saltou no 112 Galicia. Quen chamou ao número único de emerxencias para informar do suceso asegurou que había unha persoa atrapada no interior dun dos coches implicados debido a unha porta bloqueada. Tamén indicou que o condutor perdía a consciencia, polo que os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 decidiron enviar unha dotación a bordo do helicóptero con base en Santiago.

Iso si, antes de recibir asistencia médica, o condutor necesitaba a axuda dos bombeiros para saír do vehículo. Por iso, desde o 112 Galicia, informouse aos efectivos do parque comarcal de Cee e pediuse a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Así, tras o rescate, o ferido puido recibir os primeiros coidados ata o seu traslado ao centro hospitalario de referencia na aeronave medicalizada.

Do atestado encargáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí