O voceiro municipal do Partido Popular de Santa Comba inaugurou o curso político, amosando o seu apoio o colectivo de nais e pais de nenos afectados polo peche da Gardería Municipal e acusou o goberno local de falta de planificación e previsión

José Toja asegurou que "é un escándalo que a gardería esté pechada en setembro", e dixo  que o proceso de selección de persoal non é excusa "para que as nais chegaran cos seus nenos e viran s instalacións pechadas", porque o concello debería haber actuado con previsión, ou incluso prorrogando o contrato das traballadoras ata que se rematase a nova selección.
 
Toja Parajó acusou directamente ó alcalde, José Antonio Ucha Velo, desta situación e emplazouno a "que asuma as súas responsabilidades", comentando que estaban estudiando solicitar un pleno extraordinario e criticando que o rexedor socialista xalleiro non convocara a xunta de portavoces para dar conta dunha situación que califica coma "grave e inusual".
 
Os Populares tamén denunciaron que Ucha actúa de forma dictatorial e creen que o alcalde non ten en conta "que na oposición hai trece concelleiros". José Toja Parajó, cree que se estamos ante "unha irregularidade", e lamentouse de que este "erro gravísimo do equipo d goberno", perxudique a varios veciños.