Imagen 325

O Bloque lamenta as reflexións do líder popular xalleiro.

 

O BNG de Santa Comba critica as reflexións de Antonio Landeira sobre a Lei de Augas, que o candidato popular publicou no seu blog e colgou en Anosacosta a traverso da rede social Facebook e lamentan que “ o señor Antonio Landeira apoie unha lei que vai en contra da maioría dos veciños e veciñas de Santa Comba”.

 

No comunicado, aseguran que “a xente que ten pozos e traídas de auga no rural vai ter que empezar a pagar por eles o canon da auga”.

 

Os nacionalistas aseguran que non tódolos usos agrícolas, gandeiros e forestais van a quedar excluídos e manifestan “para aqueles que teñan traídas municipais esta Lei vai supoñer incrementos da carga impositiva que chegan até o 300%”.

 

Nova xuntanza informativa

Este vindeiro xoves 24 de febreiro, terá lugar unha nova charla informativa sobre a Lei de Augas. Sera na parroquia da Pereira desde as 21,00h. Para o BNG a Lei de Augas é “inxusta” e crea un novo imposto que afecta o rural. Tamén indican que non se trata dunha obriga comunitaria.