O auditorio do Multiusos de Santa Comba acolle este venres 30 de xullo a presentación do libro “Os mundos de agora”(Galaxia) do xornalista e escritor Lois Oreiro. Estará acompañado pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose, pola xornalista Esperanza Calvo e por Isabel Ares de Ler Librerías. O acto comenzará ás 20.30h.

Feirón de Santa Comba

E coincidindo coa feira de Santa Comba deste sábado, a asociación de empresarios, para dinamizar este evento, organiza un pasarúas do grupo de gaitas Santa Combers, entre as 12 e as 15h.