O concello acaba de recibir a autorización por parte da Xunta de Galicia.

 

O goberno local de Santa Comba informou que a consellería de Política Social autorizou a apertura dunha nova unidade na Gardería municipal, o que suporá o aumento de vinte prazas adicionais de nenos de 2-3 anos.

 

Fontes municipais aseguraron que solicitaron esta nova unidade(ata o de agora contábase con tres unidades) despois das melloras efectuadas no recinto:” Deste xeito, todos os nenos e nenas que solicitaron o ingreso na gardería para o presente curso poderán desfrutar de praza” indican desde o executivo que preside María Pose.

 

Agora agardan que a autorización se faga realidade o antes posible.