Serán o Día de San Xosé(luns 19 de marzo) e o día de San Pedro(venres 29 de xuño).

 

A corporación municipal de Santa Comba aprobou cos votos a favor de PP e Terra Galega e a abstención do PSOE, os días festivos para o ano 2018. Serán o Día de San Xosé(luns 19 de marzo) e o día de San Pedro(venres 29 de xuño).

 

Foi un dos asuntos tratados nun pleno que volveu a estar marcado pola tensión e o enfrontamento entre goberno e oposición. De feito o portavoz do PSOE, José Antonio Ucha acabou sendo expulsado e os outros tres concelleiros abandonaron a sesión. José Antonio Ucha criticou a falta de contidos dos plenos e denuncia que non se lle permite intervir nos mesmos, algo que negan desde o executivo local.

 

A crónica en Adiante Galicia

 

Na sesión deuse conta do nomeamento de Juan Carlos Pérez Gerpe como cuarto tenente de alcalde en substitución de José Pose Pazos, os dous do PP, e un suplemento de crédito para recoller no orzamento os 228.000 euros do préstamo do Plan de Aforro e Investimento. Tamén se ratificou o convenio para a mellora do vaso e do circuito de auga quente da piscina municipal.

 

Diante dunha pregunta da oposición, a alcaldesa María Pose, informou que o obradoiro solicitado conxuntamente con Negreira, A Baña e Val do Dubra non foi concedido porque un informe presentado polo concello do Val do Dubra “non se axustaba ás bases”.