O vindeiro venres 6 de outubro na Casa do Pozo. @cristobalmourin

 

A agrupación local de Compromiso por Galicia preséntase este vindeiro venres, 6 de outubro, nun acto que terá lugar na Casa do Pozo- Museo Terra de Xallas de Santa Comba.

 

Nos últimos meses a formación vén mantendo contactos que chegaron a bo porto coa constitución desta agrupación que ofrecerá un acto público o venres.

 

Intervencións

 

No acto intervirán en representación do colectivo local , o secretario xeral David Barbeira e a secretaria de prensa local, Esperanza Velo. Estarán arroupados polo voceiro de CxG no concello da Baña, César Ramos, polo alcalde de Lalín, Rafa Cuíña e polo secretario xeral da formación Juan Carlos Piñeiro Docampo. O acto comenzará ás 9 da noite.