As 22,00h no Multiusos de Santa Comba. Entrada de balde.

 

O popular actor e humorista Manuel Manquiña abrirá este vindeiro venres 6 de outubro a terceira edición do ciclo de monólogos cómicos “RiXallas” que organiza o departamento de cultura do concello de Santa Comba durante este mes de outubro.

 

Con máis de trinta películas no seu currículo, ademais da súa experiencia no teatro e na televisión,na actualidade presentando o espazo da TVG “O Gato con Botas”, Manuel Manquiña é tamén un dos monologuistas con máis sona de Galicia. O venres ás 10 da noite protagonizará a primeira velada do ciclo xalleiro que se desenvolve no auditorio do multiusos. A entrada é de balde.

 

A seguinte función será o venres 13 de outubro a cargo de Carlos Blanco, para rematar o venres 20 de outubro co espectáculo “Falar sen cancelas” representado por Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei.