Premio Otero Pedrayo para Ángel Carracedo

0
373

 

O xurado acordou conceder o premio Otero Pedrayo ao Catedrático de Medicina Legal, Ángel Carracedo. Segundo o xurado nesta edición “tívose en conta o importante papel da investigación científica e médica despois dos dous anos de pandemia”.

E neste eido, destacan “Ángel Carracedo representa unha figura privilexiada no ámbito da ciencia, cunha traxectoria que está a ser unha referencia na historia da investigación galega.”

Este premio, instaurado en 1977, está promovido polo Goberno galego e as catro deputacións provinciais e ten como obxectivo perpetuar e honrar a memoria de Otero Pedrayo, recoñecer o labor de contribución eminente á cultura e promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións.

O profesor e investigador Ángel Carracedo naceu en 1955 no Concello de Santa Comba e é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela (USC). As súas investigacións céntranse na xenética do cancro, as enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a farmacoxenómica. Relevante tamén é o seu papel como formador de novas xeracións de investigadores.

Qué opinas? Deixa o teu comentario facendo click aquí

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí