• O venres terá lugar no Auditorio Municipal de Baio a reunión cos pais dos xogadores das Escolas de Baloncesto do club. A reunión están convidados todolos pais/nais dos xogadores que participaron da actividade a temporada pasada, así como aqueles que estén interesados en participar nesta. A reunión terá lugar ás 20:30 horas.
• O próximo sábado, coincidindo co partido de liga que medirá ó noso equipo frente o Gayolo de Betanzos, Carlos Gabín, propietario de Frutas Gabín, fará entrega ó xogador Ariel Esmorís do trofeo que o acredita como xogador máis regular da pasada temporada. Nun final de liga espectacular, o pívot larachés arebatoulle a primeira plaza a Pablo Juane. O acto de entrega terá lugar minutos antes de que de comezo o partido, a iso das cinco menos cinco da tarde.
• Primeira xornada e xa temos puntuación para o xogador máis regular; o igual que o ano pasado, Frutas Gabín, será a empresa encargada de premiar ó xogador máis destacado do Agencia AM. Nesta primeira xornada os puntos repartíronse do seguinte xeito:
-3 puntos: Pablo Juane.
-2 puntos: Chavi
-1 punto: David Deber.