Este fin de semana dispútase a segunda xornada da liga autonómica, agora chamada liga senior galega. Os baieses xogarán o sábado ante o Gayolo Betanzos a partir das 17:00 horas  no Pavillón Municipal de Baio, Antes do partido, Carlos Gabín, propietario de Frutas Gabín fará entrega a Ariel Esmorís do trofeo ó xogador máis regular da temporada 2006/2007.

Imagen activa

Os xogadores do Agencia AM vanse a atopar cun dos equipos históricos da cartegoría, nun derbi que se presenta do máis emocionante. Os betanceiros chegan a Baio despois de darlle unha auténtica tunda ó equipo de Monforte na primeira xornada de liga. Co cambio de adestrador, o veterano Jaime sustitue a Jorge López no banquillo, o equipo mantén a maioría dos xogadores da temporada pasada. Ó igual que o curso pasado, a forza do bloque é a súa principal seña de identidade. Non hai ningún xogador destacado, pero ningún desentona nas rotacións do equipo. Iso unido a forte defensa do equipo faino un rival especialmente incómodo, pois manteñen o ritmo do partido ós corenta minutos do mesmo. Quián no posto de base, Espiñeira como francotirador e Toni, reforzo cegado dende Arteixo, son as súas principias referencias ofensivas, dentro do bo nivel xeral do equipo, onde tamén hai que prestar moita atención a Rubén. José e Barallobre.

Primeiro partido en casa para os baieses. Despois do contundente triunfo logrado en terras olívicas, ós de Moreira e Lee pretenden ofrecer o primeiro triunfo ós seus aficionados nesta segunda xornada de liga. Non o van ter doado ante o Gayolo, un rival incómodo e difícil de batir. De todolos xeitos, a victoria en Vigo, mostra datos para ser optimistas cara o futuro. Lograr a fluidez en ataque, nun partido que se presume vai a ser bastante trabado, e manter unha defensa da mesma intensidade ca que vai a desplegar o rival son dúas das claves que poden permitir ós baieses lograr a primeira victoria na casa nesta temporada.

Esta semana está a ser bastante difícil para o equipo. Chavi con gripe, Prieto e Oscar con problemas nos hombros son serias dúbidas para o partido do sábado.  Os xogadores convocados son:
 Bases: Oscar? e Diego Calvo.
 Escoltas: Adrián Martínez e Diego Brandón.
 Aleros: Pablo Juane, David Deber , Chavi? e Juan Carracedo
 Pivots: David Prieto?, Ariel e Diego Álvarez