Durante a xornada do venres, Carballo convertiuse na capital do baloncesto galego coa celebración do tradicional torneo de baloncesto que se leva celebrando na capital de Bergantiños dende o ano 2005

Máis de douscentos xogadores, distribuidos en 18 equipos, co aliciente de ver ós mellores xogadores de baloncesto da comunidade autónoma. Pero si sobre a pista houbo espectáculo, non menos intenso foi o ambiente nas gradas. Máis de mil persoas nos dous pavillóns ó longo do día que culminou coa entrega de trofeos no pavillón da zona escolar.
Todo un éxito organizativo gracias ó Centro Artai, o Patronato Deportivo Municipal do Concello de Carballo e a Federación Galega de Baloncesto. Tamén agradecer o patrocinio da Fundación Deporte Galego, a tenda de deportes D-3 e a Víctimas do Terrorismo., sen os cales a organización non podería ter realizado a edición deste ano.

ENTREGA DE MEDALLAS E TROFEOS

Contamos coa presencia das seguintes autoridades:

1.- Miki Abarca .- Ex xogador do Calvo Xiria y entrenador de Calasancias.
2.- Pepe Calvelo.- Ex –xogador do Calvo Xiria e entrenador de Valle Inclán.
3.- Ilmo Señor Ramiro Cerviño.- Presidente de Victimas do Terrorismo.
4.- Juan Carracedo.- Presidente da Comisión de Festas do Pilar.
5.- Yolanda Cobelo.- Xerente da empresa de deportes D3 patrocinadora do evento
6.- Tito Fernández.- Director Técnico da Federación Galega de Baloncesto
7.- Diego Vazquez.- Presidente das Escolas de Básquet XIRIA
8.- Lola Añón.- Secretaria do Centro Artai
9.- Adrián Martínez- Xogador do Agencia AM
10.- José Antonio Viña.- 1º tenente de Alcalde do Concello de Carballo
11.- Francisco García Bello.- Director Técnico do Patroanato Deportivo Municipal
12.- Marcos Trigo Facal.- Concelleiro de Deporte e Xuventude do Concello de Carballo
13.- Jose Manuel López.- Alcalde do Concello de Laracha
14.- Milagros Lantes.- Delegada Provincial de Cultura e Deportes
15-Jorge Blanco- Secretario do Comité Coruñés de Árbitros
16- Fernando de Nicolás- Vicepresidente de Calasancias