Ponteceso, Baio e Fisterra tamén venceron nesta xornada.

O Unión Clube Cee segue de líder con tres victorias en tres xornadas, despois de derrotar o Esteirana. O Ponteceso de Bardanca segue a estela do equipo da Xunqueira, cun punto de renda sobre Baio, Fisterra e Esteirana que teñen seis.

Carnota e Camariñas son os únicos que aínda non conseguiron puntuar, e como curiosidade os de Pato e os de Tono enfrontaránse entre eles a vindeira fin de semana. Trinta goles se anotaron nos oito partidos desputados, dos que oito se viron no campo do Carral, en Sofán.

U.C. CEE-4-ESTEIRANA-0-

Nova victoria para os de Manolín e por catro goles de diferencia. Cando se levaban seis minutos Leoncio Picallo anotaba o primeiro froito dun pase de Bibi. Leo voltaría a marcar no minuto 30, e logo na segunda mitade Jacobo e Bibi continuarían coa senda realizadora.

SOFÁN-4- BUÑO-4-

Tarde de goles no Carral e reparto de Puntos. Mario adiantaba o Buño no minuto 26, e Adrián empataba para os locais cinco minutos despois. Jorge Calvete voltaba a desequilibra-la balanza para os oleiros e o fío do descanso, igualaba Berti. Có 2 a  2,  no segundo tempo, chegaban catro goles máis. Por terceira vez, o Buño tentaba despegarse por medio de Víctor pero Pizo conseguía de novo o empate para o Sofán.  Neste festival de dianas e cando faltaban un par de minutos, Oscar marcaba en propia porta a prol de novo para o Buño, e para rematar a emocionante tarde, Berti certificaba definitivamente o empate no tempo de desconto.

Castriz-0-Nantón-1-

Cun gol de Manolo o Nantón conseguía tres valiosos puntos nun campo complexo,e sufrindo dúas lesións. Os de Calabanda souberon nadar e gardar a roupa e trouxeron tres puntos dunha localidade que celebraba as festas das Dolores.

Baio-3-Monte Louro-2-

O Baio de Lodeiro sumaba a segunda victoria coma local a costa dun incómodo Louro, que se adiantaba os poucos minutos dos inicio cun tanto de Tono. Fermín e David Costa solucionaban a papeleta antes do descanso e remontaban.  Pero no minuto 65, Manoliño atragantábaselle a Javier Lodeiro cunha nova diana. A situación de empate foi rachada por Carlos para o Baio, cando levaba 20 minutos no campo. Semellante o primeiro encontro.

Porteño-3- Malpica-1-

O Porteño ilusiona  súa afición. Non coñecen a derrota. Arrancaron con dous empates e onte na Grixa superaban ó Malpica. No primeiro tempo o Malpica poido anotar por medio de Alfredo e Diego, e os da Ponte tiveron dúas moi bos ocasións de Juan Carlos. No segundo tempo ós pupilos de Manolito, foron superiores. Ismael, Sergio Varela, e Iago eran os  goleadores mentres que polos malpicáns marcaba o gol do honor, Chouciño, cando xa o Porteño ía 3 a 0.

Muros-3-Corme-0-

O Corme onte non estivo enchufado no partido desputado en Miraflores. Dous goles de Maxi e un en propia porta de Cordobés serviron ós de Felipe Candamo para sumar tres puntos.

Ponteceso-2-Carnota-1-

Victoria pola que tivo que suar o equipo de Bardanca. Os carnotáns remataron con nove xogadores, pola expulsión de Luís e Pablo e amosáronse moi críticos coa arbitraxe de Sánchez Lago. Tamén expulsou o local Felipe. Os goles chegaron todos no segundo tempo. Carlos primeiro para o Ponteceso o transformar un libre directo, empataba de penalti Fernando, e resolvía para os de Pondal, Nando que se beneficiou dun pase de Salva.