O Unión clube Cee segue líder, vencendo e convencendo, neste caso no Nova Raices fronte  a un  Malpica que amosou cecais demasiado respeto ó que obstenta a vitola de máximo favorito.Desde xeito os de Manolín levan seis victorias e unha derrota, e teñen tres puntos de diferencia sobre o segundo clasificado, o Ponteceso que non pasaba do empate en Muros. O Baio inauguraba o seu remozado Platas Reinoso, gañando ó Buño por un contundente tres a cero. Os de Lodeiro están a seis puntos do líder e ocupan a terceira posición, superando o Castriz nun punto.Precisamente os  pupilos de García Cancela, apropiábanse momentáneamente desta cuarta praza, logo de impoñerse en San Pedro ó Sofán.

CRÓNICAS DA LIGA DA COSTA DE XOSE MANUEL LEMA
 
 
 
Cee segue vencendo e convencendo e o Ponteceso non pasa do empate en Muros.

 

O Unión clube Cee segue líder, vencendo e convencendo, neste caso no Nova Raices fronte  a un  Malpica que amosou cecais demasiado respeto ó que obstenta a vitola de máximo favorito.Desde xeito os de Manolín levan seis victorias e unha derrota, e teñen tres puntos de diferencia sobre o segundo clasificado, o Ponteceso que non pasaba do empate en Muros. O Baio inauguraba o seu remozado Platas Reinoso, gañando ó Buño por un contundente tres a cero. Os de Lodeiro están a seis puntos do líder e ocupan a terceira posición, superando o Castriz nun punto.Precisamente os  pupilos de García Cancela, apropiábanse momentáneamente desta cuarta praza, logo de impoñerse en San Pedro ó Sofán.

 

 

Cee-3- Malpica-1-

 

O Cee segue firme no primeiro posto e gañando nesta ocasión con solvencia ante un Malpica que chegou cun chip de excesivo respeto o clube de Manolín. O porteiro Toni e o defensa Avelino evitaban nun principio o festival dos da Xunqueira, pero finalmente e logo de varias ocasións abría a lata, Fran Pioto no minuto 40, e case sen dar tempo para respirar Bibi xa marcou inmediatamente o segundo tanto.. No comenzo do segundo tempo, Leoncio Picallo anotaba o terceiro. O Malpica marcaba o gol da honra por medio de Rodrigo. Era o definitivo 3 a 1.

 

Carnota-0- Porteño-1-
 

Un gol de Cousillas, aproveitando un rexeite logo dunha xogada participada por Manuel e Ismael, daba a victoria o Porteño no partido disputado no Pino do Val, e no que o Carnota xogaba coma locatario. Houbo tempo para cada equipo pero decidiu o solitario gol de Cousillas. Eran expulsados Manuel (Porteño) e Pedro (Carnota). Tamén se amonestaba a oito xogadores con sendos cartóns amarelos.

 

Esteirana-2- Monte Louro-2-

 

Derbi municipal que se resolviu con reparto de puntos. José Javier adiantaba os de Loruo no minuto 10, pero rápidamente empataba Aitor. Nada máis comenzado o segundo tempo Kike adiantaba ó Muros, e no tempo de desconto Tono situaba as táboas no marcador do campo da Salina.

 

Baio-3- Buño-0-

 

O Baio voltaba o Platas Reinoso, logo das obras de remodelación efectuadas no campo, e retornaban ofrecendo unha victoria a súa afición. O Primeiro chegou dun mísil-volea de Martín Pérez Gómez, no minuto 16.  No segundo tempo Mario culminaba unha xogada tecida por Carlos e David Costa. E seis minutos despois, no 55, Darío marcaba o terceiro para os de Lodeiro. O Buño poido marcar por medio de Neucha e Richard, pero encontrarónse ou co infortunio ou con Trucho. Tamén poido máis o Baio, Fermín tivo unha excelente ocasión e ademáis anuláronlle un gol que desde Baio nos dín que foi totalmente legal. Era expulsado o oleiro Mario.

 

Fisterra-2- Nantón-3-

 

O Nantón daba a sorpresa no Ara Solis nunha tarde na que houbo de case todo: cinco goles, unha expulsión, dous penaltis, un lesionado, e doce minutos de desconto.Mané adiantaba o Fisterra transformando un penalti no minuto 30. Pouco tempo despois empataba Pichel, e o fío do descanso Luís Guiance, o rapás de Camafreita adiantaba o Nantón, executando outra pena máxima. O segundo tempo correría con este marcador de 1 a 2, ata que cando se levaban oito minutos de desconto empataba Rivas para os fisterráns. E tamén no desconto, ían doce minutos, chegaba o gol de Adrían, recén fichado. O Nantón conseguía tres puntos moi valiosos en Fisterra.  O Fisterra acababa con 9 homes pola expulsión de José e a lesión de Jesús.

 

 

Castriz-3- Sofán-0

 

Con Jota levando con firmeza o timón, o Castriz derrotaba por 3 a 0 ó Sofán. Luís marcaba o primeiro no minuto 40. No 66, Gustavo en propia porta sumaba o segundo e por útlimo Toniño sentenciaba no 76.

 

 

Muros-1- Ponteceso-1-

 

O Ponteceso segue invicto pero ten tres puntos menos co líder, Cee. En Muros empataba a un tanto. Comenzaba marcando o xove equipo local por medio de Xurxo, no minuto 50, e minutos despois un clásico da Costa, Miguel Almirante Torrado conseguía o empate, logo dun disparo cruzado.

 

Camariñas-1- Corme-0-