Image
O Castriz tomou nota de certas debilidades amosadas nas últimas xornadas e reforza a súa liña atacante con dous homes que aportan un plus de perigosidade ofensiva…. para os rivais. E o Carnota tamén ven de reforzarse e tamén por partida dobre.

O Castriz fichou a Damián París e a César Antelo. O primeiro ten unha potente vocación goleadora que xa quedou demostrada o ano pasado nas Terras do Xallas. Recalaba no Negreira ainda que xogando partidos co filial, A Baña.César Antelo regresa ó campo de San Pedro, e como nos comenta o grande experto en temas deportivos, Huelvis "é un mediapunta zurdo de clase".
A S.D.Castriz recibe o vindeiro domingo ó Baio de Fran Cousillas.

E Alfredo Cambeiro tamén confirmaba a anosacosta.com, a fichaxe de Miguel Beiro e do campeón mundial de fútbol-Praia, o centrocampista Nico, para o Carnota.