Image

Esta fin de semana acudíamos o campo da Grixa a ver o encontro entre Porteño e Sofán. Os de Pepucho sumaban os tres puntos.

Image

Pouco fútbol, poucas ocasións, e o Porteño que fixo valer o gol de Valeiro. O Porteño sabía como había que xogar nese campo, con Juan Vello como principal artellador do xogo dos locais. Sen complicacións na retagarda e buscando os seus referentes en ataque sen demasiadas florituras. O Sofán non o fixo así, e atascábase no seu xogo ofensivo sen apenas incomodar a meta de Asiel. O Porteño conseguía forzar melés e rebumbios na área sofanista. Nun saque de córner de Manuel chegaba o golde cabeza dun Valeiro que quedara en posición cómoda noutra ocasión anterior.

Image    Image

No segundo tempo máis do mesmo, con maior ímpetu do Sofán que tivo máis  ocasións claras co Porteño. Mario Casal non chegou, Jacobo mandou o esférico a parte interior do poste e Eloy estivo a punto de anotar. Finalmente os tres puntos quedaban na Grixa, nun serán onde non vimos precisamente un bó partido de fútbol.

Image

Pepucho, satisfeito co seu equipo

O míster do Porteño considera que “Dominamos o partido, pero o resultado era corto e o final casi nos empatan. Se corréramos así noutros partidos tíñamos máis puntos”. Está satisfeito co seu clube, e opina que o importante fuxir da zona baixa canto antes. Pepucho dí que hai que ter en conta o Sofán porque :“É un dos que vai a estar entre os catro primeiros”.

Image

David Baña cree que é un resultado inxusto.

Polo Sofán, David Baña fixo a seguinte lectura:“Tuvimos mala suerte. El campo no nos ayudó mucho pero hay que saber jugar en todos los campos. No nos adaptamos bien al campo. Lo más justo hubiera sido una victoria nuestra por las ocasiones”. Baña tampouco quedou contento coa labor arbitral xa que“no aplicó el mismo criterio a la hora de pitar”.Agora agarda que a situación do clube cambie:“Espero que esto cambie y empecemos a ir para arriba”