Fisterra líder, Camariñas e Ponteceso, máis preto

0
358

 DSC_0087

O Comentario da sexta xornada da Liga da Costa

por Xosé Manuel Lema

 

O Fisterra manténse no liderato pese a empatar nesta xornada. Os de Manolo Santos traian un punto do campo de Xaviña; logo dun encontro que dominaron pero no que se encontraron un equipo oleiro que subo defenderse correctamente. Anulábanlle un gol a Manoliño, e saía expulsado Borja Santos.

 

A Xornada viña co dous derbis que se se xogaban en Corme e Sofán. No primeiro, o Ponteceso levábase o gato a auga e logra conectar co pelotón de cabeza. Dous equipos moi efectivos e a balanza que de desequilibrou a prol dos pondalianos. Nada máis comezar o match marcaba para os locais Rafa Valiña, pero Luisete lograba o empate. Nesta tarde brillaba con luz propia o zacense Josito, que anotaba dous tantos e levaba o peso da artillería visitante. Poñía o 1 a 2 no marcador no minuto 48, pero Lucas igualaba no 68. Nove minutos despois Josito volvía a disparar sen complexos e atinaba. E instantes despois Luisete certificaba a victoriapara os de Berto, que logo dun arranque titubeante xa están na zona alta.

 

No derbi carballés, o Sofán superaba o San Lorenzo e impedía que os de Óscar poideran colocarse de líderes xunto co Fisterra. Mario, Bertín e Luís marcaban polos locais e Carliños e Alexandre polos visitantes. Os de David Baña sufrían a expulsión de Juanjo Rabuñal, e con esta victoria comparten a segunda praza con Camariñas e San Lorenzo.

Un Camariñas que colleitaba tres puntos a domicilio ante o Clube do Mar. O único gol da tarde foi asinado por Juan Carlos Cabanas “O Vello”. Precisamente o exquipo de Juan, o Porteño sumaba o primeiro trunfo da tempada, e con novo adestrador, Gerpe. Adiántabase O Pindo por medio de Aitor pero Cousillas, Ismael e Sergio Varela darían a volta a tortilla. Rivas , do Pindo, era expulsado.

Logo da demisión de Marcelo, era Dani Rama e o delegado Joaquín os que se facían cargo do equipo, e o domingo as cousas saíanlle moi ben. Vencian en Vimianzo con dous protagonistas. Polo lado positivo, Roberto Pladur que executaba un póker de goles e pola outra banda, o vimiancés Adrián que sufría unha rotura de peroné e do nocelo e era trasladado o complexo hospitalario Virxe da Xunqueira.

E rematamos con tres empates. O do Muros e Castriz, con goles de Toni e Alberto respectivamente, e tamén reparto de puntos sen goles nin incidencias entre Carnota e Baio e Dumbría B e Malpica.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí