Image

Só os concellos de Santa Comba e Corcubión se salvaron dos índices negativos do emprego no mes de decembro pasado.

 

Malos datos laborais na comarca. Seiscentas vinta e seis persoas sumáronse a situación de desemprego neste pasado mes de decembro, segundo os datos do Pacto de Emprego da Costa da Morte que abrangue os concellos das bisbarras de Xallas, Bergantiños, Soneira, Muros e o concello de Carnota.

Os datos de decembro pechan un ano desastroso para o emprego. Neste 2009, perdéronse 1817 prazas laborais. Os únicos concellos onde aumentou o traballo foi en  Corcubión e Santa Comba con catro e tres novos postos respectivamente. Neste 2009, quedaron sen traballo 624 personas en Carballo, 203 na Laracha, 128 en Cee ou 123 no concello de Coristanco, por poñer algún exemplo.

Xa con respecto o último mes do ano 2009, avanzouse nos concellos de Carnota, 36 novas prazas, en Santa Comba con 26 e en Cee e Mazaricos (2). A outra cara da moeda foi Carballo con 216 empregos menos, Malpica con 83, Dumbría con 66 e A Laracha con 52 personas máis inscritas no paro.

Diminúe o paro polo tanto mínimamente nas comarcas de Xallas e Muros e aumenta máis dun cinco por cento en Bergantiños, Soneira e Fisterra, onde en sectores como a construcción o retroceso chega o dez por cento.