ligacostaxallasmutos6

ligacostaxallasmutos6

Santa Comba acolle un sábado con distinas actividades. Poxa de xovencas, homenaxe dos empresarios e un atractivo partido da Liga da Costa.

 

Frisonas

O Concello de Santa Comba e Africor organizan a XII Subasta de novillas de raza frisona e unha mostra de maquinaria agrícola. Vintaecinco xovencas participarán nesta poxa, que chegarán o venres o recinto feiral, estarán expostas durante o sábado pola mañán e serán subastadas pola tarde. Trátase dunha compra-venda subvencionada polo concello. Xunto coas autoridades locais, agárdase a presenza dalgún cargo da Xunta de Galicia aínda sen confirmar.

Empresarios

A asociación de empresarios celebra a súa asamblea xeral este venres desde as 20,30h, no Restaurante Casa Aurelio. O sábado terá lugar un xantar de confraternidade en recoñecemento a Benigno Castro Lois e Luís Muiño Negreira. O presidente da patronal, Antonio Landeira fará entrega dunha placa conmemorativa os dous emprendedores.

A Liga da Costa en xogo

O campo de Fontenla acolle a celebración do decisivo encontro entre Xallas e Sporting Zas. Os verdinegros ocupan a primeira praza cun punto de ventaxa. O match comenzará as 17,00h. Será día do clube.