psoexallasautoucha

José Antonio Ucha Velo volverá a ser o candidato do PSdG.

 

O exalcalde e actual portavoz municipal, José Antonio Ucha Velo volverá a liderar a candidatura dos socialistas nas vindeiras eleccións municipais. A lista xa está oficialmente pechada, aínda que os seus compoñentes coñeceránse nun acto de presentación que terá lugar próximamente.

 

O que si trascendeu é que o histórico Ángel Souto Mata pasará a un segundo plano por motivos persoais, e ocupará o simbólico último posto da candidatura.

 

Fontes do PSOE de Santa Comba aseguran que se trata “dunha lista con boas perspectivas electorais, con representación dos sectores importantes e formada por cidadáns de Santa Comba que teñen capacidade para gobernar”.

 

Outra liña destacada da proposta do PSOE xalleiro é que “se buscan persoas que teñen algo que aportar, máis que seguir criterios xeográficos”.

 

III Festa do Cocido

 

O PSOE traballa xa na súa terceira cea de confraternidade, que baixo o nome de “III Festa do Cocido” se vai a celebrar o vindeiro 5 de marzo no Restaurante Tío Paco de As Travesas.