O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira recibiu na casa do concello a dúas representantes dunha organización afincada en San Petersburgo (Rusia), Elena Mihailova e Angelina Leigh, froito do programa europeo no que participan as dúas entidades.

 

Antonio Landeira Gallardo e as representantes rusas mantiveron un encontro para profundizar nas relacións que se manteñen en materia de iniciativas xuvenís.

 

Tanto desde o concello como da organización rusa “Perspektiva” expresaron a súa vontade de seguir colaborando en acción similares ao Erasmus Plus e que permitan o intercambio cultural ou explorar vías de inserción no mercado laboral.Despois da reunión no concello xalleiro, Antonio Landeira tamén se encontrou coa comitiva rusa xunto cos alcalde de A Baña, Val do Dubra e Negreira.