Axentes do Servizo de Información da Garda Civil detiveron a catro persoas pola súa suposta integración nas redes de inmigración irregular utilizadas polo DAESH. Entre eles, unha persoa que levaba varios anos residindo no lugar de Tufións, no concello de Vimianzo.

 

Segundo as investigacións realizadas, os detidos estarían en contacto, tanto antes como despois dos atentados, con, polo menos, un dos terroristas detidos en Salzburgo (Austria) un mes despois. Os investigadores da Benemérita tratan de de saber se os detidos,están vinculados coa trama terrorista ou coa propia rede de inmigración irregular.

 

A operación, que se saldou polo momento cun detido en Vimianzo, outro en Arteixo e dous en Almería, e que inclúe rexistros domiciliarios, está sendo coordinada polo xulgado central de instrución número dous e pola Fiscalía da Audiencia Nacional.