O presidente de honra do Grupo Calvo, José Luís Calvo Pumpido, recibiu o galardón de finalista da XXI edición do premio Emprendedor do ano 2016 que organiza a consultora EY, co patrocinio de BNP Paribas e a colaboración de IESE-Universidade de Navarra.

 

O Grupo Calvo é unha das tres empresas elixidas en representación da Zona Centro, que agrupa as comunidades de Asturias, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Galicia y Madrid.

No acto de entrega dos recoñecementos, Calvo Pumpido, destacou a calidade, a innovación e as persoas como motores do desenvolvemente da empresa asentada en Carballo.Os gañadores coñeceránse o vindeiro 2 de marzo.

O Grupo Calvo agarda pechar o ano 2016 con 840 millóns de facturación, duplicando a cifra de fai unha década, e superando as 107.000 toneladas de produción. A empresa é a primeira conserveira de España, a segunda de Europa e a quinta no mercado mundial.