OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O goberno de Vimianzo aprobou os orzamentos sen ningún voto en contra, xa que os grupos da oposición, IxV, PP, PSOE e Terra Galega optaron por absterse pese a ser, en palabras da voceira de Independentes por Vimianzo, Mónica Rodríguez, as peores contas da historia do concello.

 

Os oito concelleiros non adscritos, integrados no grupo Adiante Vimianzo, votaron a favor duns orzamentos que ascenden a 5.194.000 euros e que foron defendidos polo alcalde Manuel Antelo e polo concelleiro de Facenda, Fernando Mancebo.

 

As cifras para o 2017 sofren un retroceso de 300.000 euros con respecto ao ano anterior pero desde o goberno local aseguran que é porque non se contemplan subvencións da Deputación.

Foto-@xmlema -Arquivo