Atopan a unha muller falecida tras declararse un incendio na súa vivenda en Santa Comba

0
551

Segundo informaron desde a central de emerxencia Axega 112 unha muller foi atopada falecida tras declararse un incendio na súa vivenda do lugar da Illa, na parroquia de Freixeiro en  Santa Comba.

Segundo as mesmas fontes Os Bombeiros de Santa Comba encargáronse das tarefas de extinción do lume, que queimou a cociña, e indicaron ao 112 Galicia que a única ocupante da vivenda estaba falecida.

Un particular daba o primeiro aviso ás 18 horas da tarde, e indicaba que había unha persoa no interior do inmoble, situado no lugar da Illa (Santa Comba). Rapidamente, o 112 coordinou a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santa Comba, da Garda Civil, e dos axentes da Policía Local e Protección Civil do municipio.

Unha vez no punto, os Bombeiros apagaron as lapas, que afectaron á cociña, e a muller, que estaba sentada preto desta estancia, foi atopada falecida polos servizos de emerxencias que se desprazaron ata o lugar.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí